azucre

< ár as-sukkar
Pliral: azucres
  1. s m QUÍM/ALIM Substancia doce e cristalina presente no zume de gran número de plantas.
    1. s m QUÍM Nome xenérico de gran número de substancias doces análogas á sacarosa.
    2. azucre de fécula QUÍM   Glicosa líquida obtida por hidrólise do amidón.
    3. azucre de leite   BIOQ lactosa.
    4. azucre de malta QUÍM   maltosa.
    5. azucre de uva BIOQ glicosa.

Refranes

  • Con azucre e mel todo sabe ben.
  • O azucre fai moitos larpeiros.