axenda

< lat agenda ‘cosas que se deben facer’
Pliral: axendas
  1. s f Libro ou caderno, dividido nos días e meses do ano que corresponde, que se emprega para anotar información de interese que se debe recordar ou hais que facer.
  2. s f p ext Programa de asuntos a tratar nun organismo, nunha asemblea ou nunha reunión.
  3. s f p ext Relación de actividades que unha persoa debe realizar nun período de tempo establecido e que ten anotadas.
  4. s f ECON Conxunto de propostas e proxectos que o goberno ten pendentes de realización, fosen ou non explicitamente programados.

Citas

  • A elección dun novo presidente era o punto máis importante da axenda no congreso do partido
  • A miña axenda para hoxe está completa, xa non podo atender a ninguén máis
  • O ministro recoñeceu que aínda quedaban algúns asuntos pendentes na súa axenda
  • Perdín a axenda onde tiña apuntados os meus compromisos para o mes que vén, Consultei a axenda para saber o número de teléfono da empresa proveedora de carne