axeitar

< xeito
  1. v t Facer que algo se axuste ás pretensións establecidas.
  2. v t Poñer cada cousa no lugar que lle corresponde.
  3. v t Facer cadrar ou encaixar dúas pezas distintas.
  4. v pron Adaptarse alguén a facer algo en determinadas circunstancias.
  5. v pron Darse alguén maña para facer algo.
  6. v pron Poñer algo ou alguén limpo e aseado.

Citas

  • A modista axeitoulle as mangas ao vestido que lle levei
  • Axéitase moi ben como fotógrafo
  • Axeitou o can para saír á rúa, Axeitouse e o seu aspecto cambiou por completo
  • Hai que axeitar o salón antes de que cheguen os invitados, Axeita ese vestido que o puxeches revirado
  • Non me dou axeitado ao novo traballo, Axeiteime pouco a pouco a vivir na nova casa
  • O que me propós non se axeita á idea que eu tiña
  • Tiven que axeitar os meus costumes ao horario laboral

Refranes

  • A carne de lobo, dente de can.
  • A tal tempo, tal tento.
  • Acá como acá e alá como alá.
  • Alí como alí e aquí como aquí.
  • Cal o tempo, tal o tento.
  • Facer O que todos ou non andar con todos.
  • Na terra dos lobos, oubear coma todos.
  • Na terra en que morares, axéitate como poidas.
  • Ó son que che toquen, baila.
  • Os ruís e os tizós nunca ben os compós.
  • Por onde fores, fai como vires.
  • Segundo me tocan, bailo.
  • Toma o tempo segundo vén.
  • Vai cos da feira e volve cos do mercado.
  • Vivir como se pode e non como se quere.
  • ¡Baila, Antón, que para iso che fan o son!
Verbo: axeitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeito

axeitas

axeita

axeitamos

axeitades

axeitan

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitaba

axeitabas

axeitaba

axeitabamos

axeitabades

axeitaban

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitei

axeitaches

axeitou

axeitamos

axeitastes

axeitaron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitara

axeitaras

axeitara

axeitaramos

axeitarades

axeitaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitarei

axeitarás

axeitará

axeitaremos

axeitaredes

axeitarán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitaría

axeitarías

axeitaría

axeitariamos

axeitariades

axeitarían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeite

axeites

axeite

axeitemos

axeitedes

axeiten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitase

axeitases

axeitase

axeitasemos

axeitasedes

axeitasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitar

axeitares

axeitar

axeitarmos

axeitardes

axeitaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

axeita

-

-

axeitade

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axeitar

axeitares

axeitar

axeitarmos

axeitardes

axeitaren

Gerundio

axeitando

Participio

axeitado

axeitada

axeitados

axeitadas