autrigón, autrigoa

  1. adx Relativo ou pertencente aos  autrigóns.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo autrigón.
  3. s m pl ETN/HIST Habitante dun pobo prerromano do N da Península Ibérica, establecido na zona occidental de Bizkaia e na zona N de Castela. Posiblemente falasen unha lingua próxima ao actual éuscaro desde o s IV a C. A cultura dos autrigóns era fundamentalmente agrícola e, seguramente, matriarcal.

Palabras vecinas