autonomía

< auto- + gr ἀ υτονομία
Pliral: autonomías
  1. s f Calidade de autónomo.
  2. s f Facultade de gobernarse polas leis propias.
  3. s f LING/POLÍT Independencia política e social dunha lingua con respecto a outra.
  4. s f TRANSP Capacidade máxima dun vehículo de facer un percorrido sen ter que recibir combustible.
  5. autonomía política DER/POLÍT   Condición xurídico-política daquelas entidades que teñen facultades para dotarse de leis propias, dentro da orde constitucional.

Confrontaciones

Citas

  • Ese concello ten autonomía suficiente como para non depender das decisións doutros
  • Fabricaron un novo modelo de avión con maior autonomía de voo cós anteriores