aula

< lat aula
Pliral: aulas
    1. s f Espazo que se utiliza para exercer a docencia nos centros de ensino.
    2. Aula Magna Sala destinada á celebración de leccións ou cerimonias solemnes.
  1. s f ANAT Parte anterior do terceiro ventrículo do cerebro.
  2. s f HIST/ARQUIT Patio aberto arredor do que estaban as cortes das casas romanas. Na época imperial pasou a referirse ao conxunto dos palacios imperiais e dos edificios cortesáns.
  3. Aula Rexia HIST/ADM Consello asesor das monarquías visigoda e carolinxia, continuador da audientia principis do Baixo Imperio Romano, que actuou como tribunal real nas monarquías dos pobos xermánicos.

Sinónimos

Citas

  • No meu colexio as aulas dos maiores teñen os pupitres máis grandes