auditor -ra

< lat auditōre ‘o que oe’
Pliral: auditores Masculino: auditor Masculino plural: auditores Femenino: auditora Femenino plural: auditoras
    1. s Asesor, relator, próximo a certos tribunais superiores.
    2. s Xurista que exerce funcións públicas de asesor próximo aos  tribunais integrados por xuíces non togados.
    3. s Instrutor dunha causa eclesiástica nomeado polo bispo, ben como cargo estable, ben para unha causa determinada.
    4. s Oficial do corpo xurídico militar que ten que emitir xuízos en todos os casos de interpretación ou aplicación das leis, propoñendo a resolución que corresponda en todos os procesos xudiciais que se instrúen no exército.
    5. auditor da Rota / HIST/DER Membro do Tribunal da Rota Romana ou do Tribunal da Rota da Nunciatura.
  1. s ECON Persoa que realiza unha auditoría.