acetato

< lat tardío acētātu p p de acētare ‘volverse acedo’
Pliral: acetatos
  1. s m QUÍM Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.
  2. acetato butirato de celulosa QUÍM/IND acetobutirato de celulosa.
  3. acetato de celulosa QUÍM/IND   Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.
  4. acetato de polivinilo QUÍM Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

Sinónimos