atributo

< lat attrĭbūtu ‘o que é atribuído’
Pliral: atributos
  1. s m Calidade ou maneira de ser considerada como propia de alguén ou dalgunha cousa.
  2. s m Obxecto característico que acompaña normalmente á descrición ou á representación de certos personaxes ou de certas ideas personificadas.
  3. s m LING Unidade lingüística que expresa unha calidade ou estado do substantivo ao que se une a través dun verbo copulativo como ser ou estar.
  4. s m FILOS
    1. Calidade ou carácter da substancia na que, sen pertencer á esencia do suxeito, se fundamenta.
    2. Cousa que se afirma ou nega dun suxeito; neste sentido, confúndese co predicado.
  5. atributos divinos RELIX Cada unha das perfeccións esenciais de Deus.

Citas

  • Entre os atributos de Mercurio están as ás que leva nos pés, A balanza é o atributo da xustiza
  • Fíxose famosa polos seus atributos físicos