acetal

< acet- + -al
Pliral: acetais
  1. s m QUÍM Calquera dos compostos que resultan da reacción directa dos aldehidos ou cetonas con alcohois en presenza de catalizadores ácidos.
  2. s m QUÍM Nome comercial do 1,1-dietoxietano, que deriva do acetaldehido e do etanol. Emprégase como disolvente en síntese orgánica e en perfumaría.
  3. acetal polivinílico QUÍM/IND Polímero constituído por acetais nos que o alcohol combinado cos aldehidos é alcohol polivinílico. Emprégase na industria dos plásticos, vernices e pinturas.