átomo

< lat atŏmu gr ἄ τομος ‘indivisible’
Pliral: átomos
  1. FÍS
    1. s m Sistema formado por un determinado número de partículas elementais que, sendo electricamente neutras, posúen intrinsecamente as características dun elemento químico e son a cantidade máis pequena que pode intervir nunha combinación química. Consta de dúas partes: o núcleo, formado por protóns e neutróns, e os electróns.
    2. átomo mesónico Átomo no que un electrón cortical foi substituído por un mesón.
    3. átomo muónico Átomo no que un electrón foi substituído por un muón.
  2. s m Partícula moi pequena dunha cousa.
  3. s m fig Cousa extremadamente pequena.