atlántico -ca

< lat Atlanticu ‘relativo a Atlas’
Pliral: atlánticos Masculino: atlántico Masculino plural: atlánticos Femenino: atlántica Femenino plural: atlánticas
  1. adx Relativo ou pertencente ao océano Atlántico ou ás súas costas.
  2. adx Relativo ou pertencente ás montañas de Atlas.
  3. adx Aplícase aos  subelementos corolóxicos propios da provincia atlántica.
  4. atlántico occidental LING Grupo de linguas da rama níxero-congolesa.
  5. período Atlántico CLIMAT Fase climática holocénica que se desenvolve entre 7.500-5.500/4.300 BP, caracterizada polo aumento das temperaturas.
  6. provincia atlántica BIOL/XEOG Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana que comprende as terras da Europa Occidental sometidas a climas marítimos temperados e moi húmidos.

Citas

  • A flora atlántica é pouco variada

Palabras vecinas