ataxia

< gr ἀ ταξία ‘desorde’
Pliral: ataxias
  1. s f PAT Falta ou alteración da coordinación dos movementos.
  2. ataxia callosa PAT Ataxia caracterizada pola asociación desta con fenómenos espasmódicos, causada por un tumor do corpo calloso.
  3. ataxia cerebelosa PAT Ataxia producida por lesións das vías cerebelosas.
  4. ataxia frontal PAT Ataxia parecida á cerebelosa acompañada de trastornos de conduta, por lesións no lóbulo frontal.
  5. ataxia intrapsíquica PAT Ataxia orixinada por unha disociación entre pensamento e afectividade.
  6. ataxia medular/tabética PAT Ataxia causada por afección da sensibilidade profunda que vai polos cordóns posteriores da médula espiñal.
  7. ataxia parietal PAT Ataxia causada por lesións do lóbulo parietal.
  8. ataxia periférica PAT Ataxia producida por alteración dos nervios periféricos.
  9. ataxia talámica PAT Ataxia ocasionada por lesión no tálamo.
  10. ataxia vestibular PAT Ataxia producida por alteracións vestibulares labirínticas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras vecinas