astronomía

< astro- + gr ὅ νομα ‘nome’ + -ia
Pliral: astronomías
  1. s f ASTRON Ciencia que estuda a posición, os movementos, a natureza, a estrutura e a evolución, individual ou colectiva, de todos os corpos celestes.
  2. astronomía de posición ASTRON Denominación que designa a parte da astrometría que se ocupa da determinación da posición dos astros e do observador.
  3. astronomía descritiva ASTRON Rama da astronomía que se limita a describir os corpos celestes e a explicar superficialmente os fenómenos astronómicos.
  4. astronomía esférica ASTRON Parte da astrometría que se ocupa do cálculo da posición dos astros e do observador.
  5. astronomía náutica ASTRON Parte da astrometría que se ocupa dos problemas da navegación astronómica.
  6. astronomía teórica ASTRON Estudo e descrición do movemento dos corpos celestes a partir da mecánica celeste.