asimilación

< asimilar
Pliral: asimilacións
  1. s f Acción e efecto de asimilar ou asimilarse.
  2. s f FISIOL Proceso biolóxico de transformación das substancias incorporadas por un organismo en substancias constituíntes do mesmo.
  3. s f LING Proceso segundo o que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro, invadíndoo parcial ou totalmente.
  4. s f PSIC Mecanismo de adaptación que consiste en acomodar unha situación a un esquema psíquico.
  5. s f SOCIOL Proceso polo que unha minoría inmigrada é absorbida pola sociedade que a recibiu.
  6. s f XEOL Proceso polo que un magma intruso, ascendendo, arranca e refunde materiais das paredes e das capas das rochas encaixadas, e modifícaas, consecuentemente, na súa composición. OBS: Tamén se denomina dixestión.

Citas

  • A asimilación de costumes extranxeiros dáse frecuentemente entre os que viaxan moito