asemblea

< fr assemblée assembler ‘xuntar’
Pliral: asembleas
  1. s f Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.
  2. s f BÉL
    1. Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.
    2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.
  3. s f DER Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.
  4. s f POLÍT Congreso dun partido político.
  5. asemblea constituínte POLÍT Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.
  6. asemblea de traballadores DER Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.
  7. asemblea litúrxica RELIX Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.
  8. asemblea nacional POLÍT/HIST Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.
  9. réxime de asemblea POLÍT Réxime populista, que na tipoloxía dos réximes políticos democráticos está caracterizado por un predominio absoluto da cámara representativa sobre o goberno.

Frases hechas

  • Asemblea de fieis. A Igrexa Cat