asclepiadáceo -a

< lat asclepiăde gr ἀ σκληπιάς ‘planta de Esculapio’
Pliral: asclepiadáceos Masculino: asclepiadáceo Masculino plural: asclepiadáceos Femenino: asclepiadácea Femenino plural: asclepiadáceas
  1. adx Relativo ou pertencente ás asclepiadáceas.
  2. s f PLANTA Planta da familia das asclepiadáceas.
  3. s f pl PLANTA Familia de plantas herbáceas perennes ou arbustos. Presentan follas sinxelas e opostas xunto con flores hermafroditas, actinomorfas e pentámeras. Atópanse principalmente nas áreas tropical e subtropical.

Palabras vecinas