zona

< lat zona gr ζώνη ‘faixa’
Pliral: zonas
  1. s f Espazo delimitado que se caracteriza por algún trazo ou circunstancia concreta.
    1. s f Parte dunha superficie.
    2. zona climática/terrestre XEOG/CLIMAT Faixa en que se divide a superficie terrestre que se corresponde cos grandes tipos de clima.
    1. s f Demarcación do territorio.
    2. zona afótica ECOL Zona das augas que está situada por debaixo dos 200 m.
    3. zona horaria METROL fuso horario.
    4. zona húmida ECOL Zona cuberta de auga todo o ano que serve de refuxio a aves e outros animais.
    1. s m Extensión de terreo limitada por razóns administrativas, comerciais ou políticas.
    2. zona franca ECON Territorio restrinxido que dispón de instalacións portuarias e que está considerado como un territorio estranxeiro.
    1. s f Calquera parte delimitada do corpo humano.
    2. s f ANAT Área da pel ou da superficie dun órgano.
    3. zona eróxena PSIC Parte do corpo particularmente apta para producir pracer e excitación sexual.
  2. s f PAT zóster.

Palabras vecinas