vista

< lat tardío *vista
Pliral: vistas
  1. s f
    1. FISIOL Sentido animal integrado por órganos que captan a luz e a súa intensidade e reproducen a imaxe do obxecto que a emite.
    2. Órgano da visión.
  2. s f Acción de ver.
  3. s f Conxunto de cousas que se ven desde o lugar onde se está.
  4. s f Representación pictórica ou fotográfica dun lugar.
  5. s f Facultade de percibir ou intuír algo.
  6. s f DER Acto xudicial, solemne e público, en que o xuíz ou tribunal escoita as testemuñas, os informes das partes e revisa as probas periciais.

Refranes

  • Ben cego ten que ser, o que pola peneira non poida ver.
  • Canto máis vexo, menos vexo.
  • Do que di que non ve pola criba, non sei que che diga.
  • Non hai cego que non vexa, nin torto que se coñeza.
  • O olIo límpao sempre co cóbado.
  • O que pola criba non chegue a ver, moi cego ten que ser.
  • Ollos que non ven non envellecen.
  • Todo doe para sanar, menos os ollos, que doen para enfermar.
  • Todo o que cos ollos vexo, sináloo co dedo.