ártico -ca

Pliral: árticos Masculino: ártico Masculino plural: árticos Femenino: ártica Femenino plural: árticas
  1. adx Relativo ou pertencente ás terras Árticas ou ao Océano Ártico.
  2. BIOL/XEOG
    1. adx Aplícase ao elemento corolóxico propio da rexión ártica.
    2. rexión ártica Rexión bioxeográfica do reino holártico que comprende a totalidade das Terras Árticas. Considérase que pertencen a esta rexión os cumes das altas montañas holárticas. OBS: Tamén se denomina rexión ártico-alpina.