sfBIOLEstado dinámico da materia organizada que se caracteriza pola súa capacidade de adaptación e de evolución fronte aos diferentes cambios no medio, e polo feito de poder reproducirse.
sfFeito de existir.
sfTempo que vai do nacemento á morte dun ser vivo.
sfTempo que vai da aparición á desaparición de algo, ou tempo durante o que funciona.
sfXeito de vivir, en relación coas circunstancias vitais que condicionan a existencia.
sfConxunto de acontecementos e feitos máis salientables que lle sucederon a unha persoa durante a súa existencia.
sfMedio de subsistencia.
sfActividade dun organismo ou entidade social.
sf
italidade ou vigor dunha persoa.
iveza ou animación que reflicte algo ou alguén.
Capacidade ou sensación de movemento.
RELIX
a outra vidaPersistencia da ánima como unha realidade vivida despois da morte.
vida contemplativaida que se dedica á contemplación, á pregaria ou ao estudo dentro ou fóra dunha comunidade relixiosa.
vida espiritualActividade humana que ten por obxectivo a dedicación intensa e profunda á crenza da graza.
Frases hechas
A outra vida. Existencia da alma despois morte.
Dar a vida por. Estar disposto a morrer por algo ou algu
En vida. Durante a vida.
Facer por/pola vida. Traballar ou buscar medios de vida.
Mala vida. Xeito de vivir que vai contra a moral ou as leis establecidas.
Perder a vida. Morrer.
Ser de vida ou morte. Cousa da que depende a vida.
Ser media vida. Ser algo moi san ou conveniente.
Xogar a vida. Expo
Refranes
A boa vida engurras tira.
A boa vida non quere présa / présas.
Á curta ou á larga todo acaba.
A máis vivir, máis sufrir.
a morto á mortalla e o vivo á fogaza.
a morto no cemiterio, o vivo no candieiro.
ande vivan cen, vive ti tamén.
ande vivires fai como vires.
Así duras, como te curas.
Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto e así vivirás.
Bo é vivir para ver o que ha vir.
Cabalo de andadura pouco dura.
Cada un vive como pode e como o deixan vivir.
Cada un vive como pode e non como quere.
Cal é a vida tal é a morte.
Cal te curas, así duras.
Coa vida fanse moitas cousas, coa morte desfanse todas.
Come leite e bebe viño e, de vello, seráS mociño.
Como se vive, mórrese.
Detrás deste mundo virá outro.
Hoxe na vida, mañá na morte: ¡benia o corpo que pola alma traballa!
Hoxe somos e mañá non fomos.
Hoxe somos e mañá non seremos.
Hoxe somos e mañá non.
Irnos vivindo: aquí entropezando e alí caíndo.
Máis vale burro vivo que sabio morto.
Máis vale can vivo que león morto.
Máis vale cheirar vivo a merda que morto a incenso e cera.
Máis vale cheirar, de vivo, a merda, que, de morto, a incenso e cera.
Máis vale dicir aqu{ fuxeu que aqu{ mo eu.
Máis vale un burro vivo que un cento mortos.
Máis vale un mal correr que un bo morrer.
Media vida é a candea, pan e viño é a outra media.
Media vida é a candea; e o pan e o viño é outra media.
Menor é que digan está alá que está acá.
Mentres ternos vida, tamén ternos esperanzas.
Mentres uns viven, outros morren.
Morte duns é vida doutros.
Non esquezas que a vida tela perdida.
Non hai como morrer para coñece-Ia morte.
Non hai mellor vida que non ter nada: pasan os días, estoume na cama.
Non hai ningún tan vello, que non pense vivir un ano.
Non hai vida que non estea perdida.
Non hai vida sen morte nin pracer sen pesar.
Non quero vida nin tratos con xente espantabuxatos.
Non ten a vida segura o que as cousas moito apura.
O mozo pode morrer, pero o vello xa non está para moito vivir.
O pagar e o morrer, canto máis tarde poida ser.
O que a longa vida chega, moito vive e máis espera.
O que ben vive ben morre.
O que mal vive pouco vive.
O vello que se cura máis anos dura.
Quen ben se cura, moito dura.
Quen mal vive mal ha morrer.
Quen moito vive, moito mal recibe.
Quen moito vive, moito ve.
Quen queira chegar a vello, garde o aceite no pelexo.
Quen queira ser vello moito tempo, váiase con tento.
Quen teme a morte non disfruta da vida.
Se o mozo pode morrer, o vello non pode vivir.
Se queres chegar a vello, garda aceite no pelexo.
Se queres chegar a vello, sube as costas coma o vello.
Se queres vivir moito tempo, faite de mozo vello.
Segundo é a vida, así é a morte.
Sopas fervidas alongan a vida.
Tal vida, tal morte.
Ter sete folgos coma os gatos é un regalo.
Todo é vivir, ata morrer.
Un día de vida non é moita vida pero é vida.
Unha hora de vida non é moita vida.
Vale máis onza de boa vida que fanega de sabiduría.
Vale máis que digan: aquí correu que aquí morreu.
Vida sen amigos, morte sen testigos.
Vive cen anos e verás moitos desenganos.
Vívese como se pode e non como se quere.
Vivir ben, que Deus é Deus.
Vivir como Deus manda e morrer como Deus queira.
Vivir para ver e ver para vivir: ¿que máis se pode pedir?