víbora

< lat vipĕra
Pliral: víboras
  1. ANIMAL
    1. s f Serpe velenosa, da familia dos vipéridos, de pequeno tamaño, cor parda ou gris, cun debuxo dorsal en zigzag e a cabeza con forma triangular.
    2. víbora cornuda/fociñuda [Vipera latastei] Réptil, da familia dos vipéridos, de corpo groso, de tamaño medio, a cola curta, a cabeza moi ancha e o fociño prominente.
    3. víbora de Seoane [Vipera seoanei] Réptil, da familia dos vipéridos, de corpo groso, de cor marrón escura e a cola curta.
  2. s f col Persoa ruín e de malas intencións.
  3. s f col Persoa que critica a outras.

Sinónimos