vértice

< lat vertĭce
Pliral: vértices
  1. s m MAT
    1. Punto en que concorren os dous lados dun ángulo ou as caras dun ángulo poliédrico.
    2. Punto dun cono ou dunha pirámide máis afastado da base.
  2. s m ANTROPFÍS/ENTOM vertex.
  3. s m ARQUIT Punto máis alto dun arco.
  4. s m fig Punto culminante de algo ou de alguén.
  5. s m vértice xeodésico XEOG Punto do terreo en que se calcularon as coordenadas xeodésicas cunha gran precisión.