verificación

< verificar
Pliral: verificacións
  1. s f Acción e efecto de verificar ou verificarse.
  2. s f DER/ADM
    1. Comprobación da autenticidade dunha cousa ou da regularidade dun procedemento.
    2. Intervención efectiva da Administración Pública en regular, comprobar e contrastar o funcionamento dos sistemas relacionados cos servizos públicos.
  3. s f TECNOL
    1. Operación de comprobación mediante a que se garante que un proceso funciona correctamente.
    2. Sección ou departamento dunha empresa onde se verifican algunhas das pezas fabricadas en serie.