véneto -ta

Pliral: vénetos Masculino: véneto Masculino plural: vénetos Femenino: véneta Femenino plural: vénetas
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo véneto ou á súa lingua.
  2. s Individuo do pobo véneto.
  3. s m pl HIST Pobo de procedencia ilírica establecido no litoral adriático, ao NL de Italia. As invasións dos bárbaros causaron a súa migración ás illas da lagoa adriática, onde fundaron Venecia.
  4. s m LING Conxunto de variedades lingüísticas que, coas variedades galoitálicas, forman o italiano setentrional.