válvula

< lat valvŭla valva ‘porta’
Pliral: válvulas
  1. TECNOL
    1. s f Dispositivo que serve para regular o fluxo dun líquido, dun gas ou dunha corrente de electróns.
    2. válvula de seguridade Dispositivo que se abre ante un exceso de presión e permite a expansión do fluído evitando que o recipiente poida esbourar.
  2. ANAT
    1. s f Órgano muscular, conxuntivo ou dérmico, que permite o peche e a apertura dalgún orificio.
    2. válvula do corazón álvula auriculoventricular e semilunar das cavidades cardíacas.

Palabras vecinas