turco -ca

< topónimo Turquía
Pliral: turcos Masculino: turco Masculino plural: turcos Femenino: turca Femenino plural: turcas
    1. adx Relativo ou pertencente a Turquía, aos seus habitantes ou á súa lingua.
    2. s Natural ou habitante de Turquía.
  1. ETN
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo turco.
    2. s Individuo do pobo turco.
    3. s m pl Grupo de pobos asiáticos con orixe na cordilleira do Altai que se islamizaron no s VIII, e a comezos do s XIII os mongois instaláronse no seu territorio. Constitúen a maioría da poboación de Turquía.
  2. LING
    1. s m Lingua turca sudoccidental que se fala en gran parte de Turquía e en minorías importantes en Chipre, Balcáns, Siria e Iraq.
    2. linguas turcas Grupo de linguas altaicas que se falan nunha extensa zona desde Turquía ata Siberia.