arredar

< lat * adretare ad + retro ‘atrás’
  1. v t Desprazar ou facer ir cara a atrás.
  2. v t Poñer lonxe dun sitio algo ou alguén.
  3. v t Separar algo ou alguén dun posible perigo.
  4. v t Botar para atrás a causa dun temor.
  5. v t Separar a alguén ou algo do trato con outros, desaparecendo a relación que existía antes entre eles.
  6. v i Moverse cara a atrás.
  7. v i Separarse alguén do trato con outros, desaparecendo a relación que existía entre eles. Tm v pron.
  8. v pron Pórse alguén a unha certa distancia dalgún sitio.

Confrontaciones

Citas

  • Ariel arreda o coche da porta da súa casa
  • Arreda a manta da estufa que pode provocar un incendio, Arrédate de Brais, non é boa compaña para ti
  • Arredaron a Fernando da presidencia porque non cumpría coas súas funcións
  • Arredáronse da porta porque entraba o frío
  • Arrédate dos teus amigos, non son de fiar
  • As chamas do incendio arredaron os bombeiros
  • Cando ía largarme daquel sitio, o descaradura agarroume polo gabán e arredoume da porta
  • Como non arredes do lume, vaste queimar a roupa
  • Iria non se arreda ante nada
  • O arquitecto arredouno do proxecto de edificación
Verbo: arredar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredo

arredas

arreda

arredamos

arredades

arredan

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredaba

arredabas

arredaba

arredabamos

arredabades

arredaban

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredei

arredaches

arredou

arredamos

arredastes

arredaron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredara

arredaras

arredara

arredaramos

arredarades

arredaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredarei

arredarás

arredará

arredaremos

arredaredes

arredarán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredaría

arredarías

arredaría

arredariamos

arredariades

arredarían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrede

arredes

arrede

arredemos

arrededes

arreden

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredase

arredases

arredase

arredasemos

arredasedes

arredasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredar

arredares

arredar

arredarmos

arredardes

arredaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

arreda

-

-

arredade

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arredar

arredares

arredar

arredarmos

arredardes

arredaren

Gerundio

arredando

Participio

arredado

arredada

arredados

arredadas