tipoloxía

< tipo- + -loxía
Pliral: tipoloxías
  1. s f Estudo baseado na clasificación de tipos.
  2. s f ARTE
    1. Estudo dos tipos ou modelos.
    2. Clasificación dos obxectos ou fenómenos artísticos en esquemas xenéricos ou tipos, de acordo con certas analoxías formais ou funcionais establecidas.
  3. s f RELIX Interpretación bíblico-teolóxica baseada na correlación de tipos e antitipos.
  4. s f Sistema de clasificación de individuos en tipos físicos ou psicolóxicos.
  5. tipoloxía lingüística LING Descrición e clasificación das linguas en función de certos caracteres escollidos previamente e das afinidades que resultan.