tesouro

< lat thesauru gr θησαυρός
Pliral: tesouros
  1. s m Conxunto de moedas ou de obxectos preciosos que se gardan con gran coidado.
  2. s m Persoa ou cousa considerada dun gran valor.
  3. s m LING Dicionario exhaustivo dunha lingua.
  4. s m ARQUIV Lista alfabética de palabras que se utilizan para clasificar a documentación.
  5. tesouro público
    1. ECON Caudais dos que dispón o estado.
    2. ECON/DER Departamento da administración pública dun estado que o representa nas súas relacións financeiras cos cidadáns, co banco central e con outros países.

Refranes

  • Corre o ouro para o tesouro.
  • Non falta tesouro de viño nin de ouro.
  • O maior tesouro sempre vai ao ouro.
  • Quen ten un tesouro non pensa máis que en ouro.
  • Sempre o tesouro chama polo ouro.