tensión

< lat tensĭōne
Pliral: tensións
  1. s f Acción e efecto de tensar.
  2. s f Estado mental de inquietude motivado pola presenza de estímulos de intensidade moi alta.
  3. s f Desacordo nas relacións entre persoas ou grupos.
  4. s f BIOL
    1. Presión que exerce un líquido ou un gas dentro do corpo.
    2. Resistencia que ofrecen as paredes dun continente á presión dun líquido ou dun gas que contén.
  5. s f LING Calidade das articulacións tónicas que distingue o momento articulatorio culminante nunha palabra, nunha sílaba ou nun fonema.
  6. s f TECNOL
    1. Estado do corpo que experimenta as forzas que o manteñen tenso ou lle impiden contraerse.
    2. Resultado das forzas elásticas que, na masa dun corpo, equilibran os esforzos externos que tenden a alongalo.
  7. s f FÍS Integral de liña do vector intensidade de campo entre dous puntos dun campo eléctrico a través dun camiño determinado que equivale á diferenza de potencial entre os dous puntos e representa o traballo efectuado por unha carga unitaria ao trasladarse dun punto a outro.
  8. tensión superficial FÍS Manifestación das forzas de cohesión moleculares dunha substancia líquida ou en disolución, na superficie de separación con outro medio, que tende a conferirlle a forma de mínima enerxía potencial.

Formas incorrectas

stress