tenente

< lat tenente, p pres de tenēre ‘posuír’
Pliral: tenentes
  1. BÉL
    1. s Denominación xenérica que se emprega nos exércitos para designar diversas categorías ou graos militares.
    2. s Grao militar entre o alférez e o capitán.
    3. tenente coronel Oficial superior militar entre o comandante e o coronel no exército español.
    4. tenente de navío Grao do corpo xeral da armada que equivale ao de capitán nos exércitos de terra e aire.
    5. tenente xeneral Grao do corpo de xenerais dos exércitos de terra e aire inferior ao de capitán xeneral.
    1. s Persoa que ocupa o lugar ou o cargo doutra.
    2. tenente de alcalde POLÍT Rexedor do concello que realiza certas funcións da alcaldía.