temperatura

< lat temperatūra
Pliral: temperaturas
  1. s f MED/FISIOL Grao de calor do organismo, que se considera normal entre 36,5°C e 37,2°C. Tm fig.
  2. s f FÍS Magnitude termodinámica que pon en evidencia a enerxía térmica dun corpo en relación a outro. 
  3. temperatura absoluta FÍS Temperatura medida en graos kelvin.
  4. temperatura crítica FÍS Temperatura máxima dun gas á que se pode producir a licuación só co aumento da presión.
  5. s f fig Estado dun ambiente determinado.