tarxeta

< fr targette
Pliral: tarxetas
  1. s f Pequena folla de cartolina de forma rectangular que leva impresos ou escritos certos datos.
  2. s f DEP Pequena cartolina de diferentes cores, con que o árbitro amoesta ou expulsa a un xogador.
  3. s f FÍS Placa onde se montan e interconectan os diversos compoñentes electrónicos que constitúen unha unidade funcional dun sistema ou dispositivo maior.
  4. tarxeta magnética Pequena folla rectangular de plástico onde consta a sinatura do usuario e un dobre código de identificación.
  5. tarxeta postal Folla rectangular de cartolina con  ilustracións que pode ser enviada sen sobre.

Palabras vecinas