sfInstrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.
arma atómicaImpropiamente, arma nuclear.
arma automáticaArma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.
arma bacteriolóxicaMedio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.
arma biolóxicaAxente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.
arma brancaArma de man que fere coa punta ou co fío.
arma convencionalArma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.
arma de fogoArma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.
arma de repeticiónArma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.
arma nuclearArtefacto de guerra concibido para causar a destrución e a morte por radiación térmica, por onda de choque ou polos efectos da radioactividade.
arma químicaAxente tóxico producido por síntese química que se emprega como arma para producir a morte ou a incapacidade.
HERÁLD
sf plInsignia, escudo ou brasón que é distintivo de persoas, familias, cidades, corporacións, entidades e estados.
armas arbitrariasArmas usadas sen dereito, por atribución propia.
armas de agregaciónArmas unidas a un escudo primitivo.
armas de apropiación/apañoArmas que portan os príncipes de sangue pertencentes a ramas secundarias da familia real.
armas de concesiónArmas que, pertencendo aos soberanos, foron incorporadas parcial ou totalmente ás propias, por razóns de merecementos especiais.
armas de devociónArmas tomadas polos eclesiásticos para representar un ideal ou unha guía da súa vida.
armas de dignidadeArmas inherentes a determinados cargos que serven para recoñecer os seus posuidores.
armas de familia/de liñaxeArmas correspondentes a unha liñaxe, individuo ou título.
armas de pretensiónArmas de lugares, rexións ou países sobre os que un príncipe ou un estado pretende ter dereitos sen posuír o seu dominio.
armas de soberanía/de dominioArmas usadas polos príncipes soberanos ou os estados.
armas falantesArmas que representan simbolicamente o nome da familia, da cidade ou dunha entidade.
armas falsasArmas que contraveñen, a mantenta, as regras heráldicas.