argola

< ár al-gulla ‘colar, anel’
Pliral: argolas
  1. s f Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que se emprega para reter ou amarrar algunha cousa.
  2. s f Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.
  3. s f Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.
  4. s f CONSTR Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha atadura con cordas.
  5. s f pl DEP Aparato ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.
  6. s f HIST/DER Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes, aos que se lles colocaba cadeas e argolas ao pescozo.
  7. s f IND Peza tubular que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.
  8. argola de Gravesande FÍS Peza metálica pola que pasa moi xusto unha esfera metálica a temperatura ambiente.
  9. argola de sementar MICROB Pequena argola de platino, suxeita a un mango que se emprega para sementar microorganismos nun medio de cultivo.

Sinónimos

Confrontaciones

Frases hechas

  • Ter boa argola. Ter influencia ou capacidade para facer algo.