sobrecarga

< sobre- + carga
Pliral: sobrecargas
  1. s f Carga engadida á carga ordinaria.
  2. s f FILAT Impresión tipográfica de carácter oficial, que se fai sobre un selo para aumentar o valor ou modificar o uso.
  3. s f DER Exceso de carga fiscal, deducida da comparación entre os cocientes dos impostos pagados e os da renda ou ingresos do contribuínte.
  4. s f Corda que ata a carga ás cabalarías.
  5. s f Exceso de traballo que debe realizar alguén.
  6. s Mandatario que exerce a bordo dun barco as funcións administrativas que lle confiaran o armador ou os cargadores.
  7. s Membro da tripulación dun avión, encargado de tarefas auxiliares.