aresta

< lat arista
Pliral: arestas
  1. s f BOT Apéndice recto e filiforme que presentan as glumas das gramíneas.
  2. s f MAT
    1. Liña recta formada pola intersección de dous planos que forman un ángulo diedro.
    2. Segmento de recta formado pola intersección de dúas caras contiguas dunha superficie poliédrica.
  3. s f Parte que sobresae en calquera corpo de formas angulosas e afiadas.
  4. ARQUIT/CONSTR
    1. s f Intersección dunha bóveda cun muro ou con outra bóveda.
    2. s f pl Partes elevadas e sobresaíntes, largas e delgadas, nunha construción.
    3. aresta exterior da calzada Liña de separación entre a parte destinada á circulación de vehículos e as superficies contiguas, nas estradas.
    4. aresta interior da calzada Límite da zona destinada a vehículos máis próximos ao centro da vía, en carrís de calzadas separadas.
  5. s f XEOG Liña divisoria das vertentes dunha montaña ou dunha serra.
  6. s f ENTOM Extremo filiforme e indiferenciado das antenas de certos dípteros.

Sinónimos

Confrontaciones