sfCombinación dos elementos dun todo despois de separalos por medio da análise.
sfResumo breve dunha materia ou asunto.
sfFILOSProceso da investigación ou do coñecemento, contraposto á análise, que consiste na unión de elementos que estaban separados e na súa integración nun todo.
sfLINGCombinación dun radical e dos elementos flexionais nunha soa palabra variable.
sfFÍSReconstrución dunha cor determinada a partir das cores primarias.
QUÍM
sfFormación de certos compostos mediante a unión de compostos máis simples ou dos seus elementos.
síntese orgánicaParte da química orgánica que trata sobre a preparación de moléculas complexas a partir de substratos máis simples.
síntese proteicaBIOQSíntese que ten lugar nos ribosomas en catro etapas: activación de aminoácidos, iniciación da cadea polipeptídica, prolongación da cadea mediante novas secuencia de aminoácidos, e o remate cadea.