sifón

< lat siphone gr σίφων
Pliral: sifóns
  1. s m Tubo curvado para facer pasar o líquido dun vaso a un nivel máis baixo pasando por un nivel máis alto.
  2. s m Parte dun tubo, que conecta o lavabo, o vertedoiro ou o lavadoiro co seu desaugue.
  3. s
    1. Recipiente con tapón provisto dunha válvula que contén auga carbonatada.
    2. p ext Auga carbónica artificial.
  4. s m ZOOL
    1. Expansión tubular da parede da cavidade paleal de certos moluscos gasterópodos, que serve para dirixir cara ás branquias a auga aspirada.
    2. Tubo que se orixina no lado posterior do manto nos moluscos.