área

< lat arēna
Pliral: áreas
  1. s f MAT Dimensión dunha superficie limitada por rectas ou curvas. A unidade de área no SI é o metro cadrado (m 2 ).
  2. s f METROL Unidade métrica de superficie equivalente a un decámetro cadrado.
  3. s f Porción dunha superficie que se caracteriza por desenvolverse nela algún tipo de actividade ou por estar ocupada por un certo tipo de persoas.
  4. s f Ámbito no que está comprendida unha actividade humana.
  5. s f ANAT Zona anatómica ou superficie corporal que está relacionada con outras zonas.
  6. s f ANTROP Concepto metafórico que en antropoloxía política delimita o ámbito onde determinados individuos ou faccións compiten entre si.
  7. BIOL/XEOG
    1. s f Parte da superficie terrestre ocupada por un taxon.
    2. área continua Área que non presenta interrupcións.
    3. área discontinua Área formada por diversas partes separadas entre elas por extensións considerables onde o taxon non existe.
    4. área virtual Parte da superficie terrestre onde as condicións ecolóxicas permiten a vida dun taxon determinado.
  8. s f LING Zona lingüística comprendida nunha ou en diversas isoglosas.
  9. área cultural ANTROP/CULT Espazo no que existe un alto grao de consistencia dos mesmos trazos culturais.
  10. área demográfica Territorio onde vive un grupo humano que ten un comportamento demográfico propio e homoxéneo que o distingue dos outros.
  11. área de servizo Espazo situado nas autoestradas que dispón de gasolineira e doutros servizos ao que poden acceder os vehículos.
  12. área metropolitana Agrupación territorial superior ao termo municipal dunha gran cidade.
  13. área opaca BIOL Rexión periférica do blastodermo que envolve a área pelúcida no embrión das aves nos estadios de blástula e gástrula.
  14. área pelúcida BIOL Rexión central do blastodermo en embrións de aves durante os estadios de blástula e gástrula.
  15. lei das áreas FÍS f
  16. regra da área AERON Conxunto de condicións a cumprir para que a combinación dun casco e dunha á en réxime supersónico, teña resistencia aerodinámica mínima.

Sinónimos

Citas

  • Fomos á area para xogar un partido de fútbol cos amigos
  • Non lle botes máis ca unhas areas de tintura á pintura

Palabras vecinas