posIndica posesión ou propiedade dun elemento a unha terceira persoa.
posIndica posesión ou propiedade dun elemento a unha segunda persoa, con tratamento de respecto ou cortesía.
de seu
posExpresa a propiedade plena de maneira marcada en construcións que manifestan ese significado, acompañando substantivos que se refiren a ‘propiedade alienable’, como casa, terras, coche e vacas.
posExpresa que os feitos, calidades ou características que se mencionan lle corresponden totalmente a algo ou a alguén. OBS: A forma de seu con estes significados sempre se presenta inmobilizada en masculino singular.
Citas
A súa música é a clásica, Descoñezo a súa profesión
Engordou os seus oito quilos
Hoxe é o seu día
Luís xogará na segunda división porque o seu equipo ascendeu
Non ten coche de seu
O do mal humor é de seu, OBS: A forma de seu con estes significados sempre se presenta invariable en masculino singular
O seu Antón morreu moi novo, OBS: Tamén se usa a expresión substantivada os seus, invariable en masculino plural, co significado de ‘a súa familia’, Gústalle moito estar cos seus
O seu avión sae mañá ás oito
O seu é a cociña
O seu instituto é o da esquerda
O seu pelo é louro, A súa casa é moi grande, Os seus cans son demasiado agresivos
Sempre toma o seu café despois de comer, OBS: Precedido da preposición de e inmobilizado na forma femenina plural (das súas), indica xeralmente carácter negativo, singular ou que chama a atención, Fixo das súas coa moto, Xa pensou algunha das súas
Señor, creo que este pano é seu
Suou o seu con ese traballo, OBS: Ás veces pode adquirir valor adverbial co significado de ‘de abondo ou boa cantidade’, Onte choveu o seu