señorío

< señor
Pliral: señoríos
  1. s m HIST Dominio dun señor, xeralmente nobre ou gran propietario, sobre un ámbito territorial ou un grupo de poboación que reside nel.
  2. s m Tratamento honorífico que se dá a certas persoas pola súa dignidade, cargo ou autoridade.
  3. s m p ext Conxunto de persoas distinguidas.

Sinónimos

Refranes

  • Cal é o señor, tal mesa pon.
  • De grandes señores, grandes favores.
  • De grandes señores, moitas veces mesquiños favores.
  • Dos señores e do sol canto máis lonxe mellor.
  • Eu señora e vós señora ¿quen fregará os pratos e a tixola? Eu señora e vós señora, ¿quen poñerá ao lume a cazola?
  • O ser señor non é saber mais éo sabelo ser.
  • Señorío sen rendas non dá para a mantenza.
  • Ser señor non é saber, é señor sabe-lo ser.
  • Ti dona e eu dona ¿quen varrerá a porta?