sensible

< lat sensibĭle
Pliral: sensibles
  1. adx
    1. Que se pode percibir a través dos sentidos.
    2. Que se pode observar ou apreciar.
  2. adx FISIOL/PSIC Que é capaz de experimentar sensacións.
  3. adx Que lle afectan moito as cousas.
  4. adx Que se modifica segundo os axentes ou as influencias exteriores.
  5. adx Aplícase aos aparatos que rexistran a máis leve acción producida por certos fenómenos naturais.
  6. nota sensible MÚS Sétimo grao da escala que se atopa a un semitón da tónica.

Sinónimos

Citas

  • É unha persoa moi sensible
  • Foi unha perda moi sensible
  • Houbo unha sensible baixada das temperaturas
  • O mundo sensible percíbese polos sentidos
  • Os animais son seres sensibles
  • Os dentes son sensibles ao frío
  • Pesan nunha balanza moi sensible