sensibilidade

< lat sensibilitāte
Pliral: sensibilidades
  1. s f Calidade de sensible.
  2. s f FISIOL/PSIC
    1. Facultade de sentir ou de percibir polos sentidos, mediante a sensación.
    2. Ámbito do coñecemento determinado pola actividade sensible ou sensorial.
  3. s f Aptitude para percibir e expresar determinadas sensacións afectivas e artísticas.
  4. s f IMAX Rapidez coa que se transforma a imaxe latente ou a imaxe visible nunha emulsión fotosensible sometida á acción da luz ou doutras radiacións actínicas.
  5. s f TECNOL Calidade dun mecanismo ou dun dispositivo de ser accionado por unha magnitude máis ou menos grande do axente de accionamento.