semellanza

< semellar
Pliral: semellanzas
  1. s f Calidade de semellante.
  2. s f Aquilo que fai que unha cousa sexa semellante a outra.
  3. s f MAT Transformación xeométrica T de O n en O n tal que a distancia entre as imaxes de dous puntos calquera é igual á distancia entre estes dous puntos multiplicada por unha cantidade constante positiva denominada razón da semellanza.
  4. semellanza dinámica FÍS Correspondencia entre os efectos causados por todas as forzas que actúan sobre o modelo de laboratorio e os causados por todas as forzas correspondentes que actuarían sobre o modelo a escala real.
  5. teoría da semellanza TECNOL teoría de modelos.