selo

< lat sigillu
Pliral: selos
  1. s m FILAT Anaco de papel estampado cunha figura e con indicación do seu importe emitido por unha administración postal e destinado a franquear os envíos confiados aos servizos de correos.
  2. s m FILAT Matriz, tórculo ou outro utensilio, de metal ou caucho, que leva gravado en relevo signos propios dunha persoa ou institución, para estampalos a presión, tinguilos nun tampón ou imprimilos nun papel, e que serven para identificar a propiedade dunha cousa, ou garantir a autenticidade ou validez dun documento.
  3. s m HIST/ARTE Marca de fábrica estampada ou impresa cun selo que serve para indicar a datación e a procedencia dunha peza cerámica, tellas e ladrillos.
  4. s m Característica propia de algo ou alguén que o diferencia do resto.
  5. selo de Salomón HIST estrela de David.