adxQue segue inmediatamente ao primeiro en categoría ou en orde xerárquica. Tm s.
adxEDUCQue é de máis importancia ou superioridade, con respecto a un primeiro grao elemental.
smMETROLUnidade de tempo do SI, definida como a duración de 9.192.631.770 períodos da radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do átomo de cesio 133.
smMATUnidade de medición de ángulos e arcos que equivale á sesaxésima parte dun minuto.
advEn segundo lugar.
segundo angularASTRONUnidade angular que equivale á sesaxésima parte dun minuto angular.