sedentario -ria

< lat sedentarĭu, de sedēre ‘estar sentado’
Pliral: sedentarios Masculino: sedentario Masculino plural: sedentarios Femenino: sedentaria Femenino plural: sedentarias
  1. adx Que implica moi pouco movemento.
  2. adx Relativo ou pertencente aos individuos ou aos pobos que practican o sedentarismo.
  3. ANIMAL
    1. adx Relativo ou pertencente aos sedentarios.
    2. s m Anélido poliqueto do grupo dos sedentarios.
    3. s m pl Grupo de poliquetos sésiles, que presentan metamerización heterónoma, carecen de trompa evaxinable e habitan no interior duns tubos ou en galerías escavadas na area.

Palabras vecinas