seca

< secar
Pliral: secas
  1. s f Acción e efecto de secar.
  2. s f Falta de chuvia durante un período longo de tempo.
  3. s f XEOG
    1. Oscilación periódica do nivel dun lago ou dun mar nun entrante da costa, golfo ou baía.
    2. Parte dun areal que queda descuberta na marea baixa.

Refranes

  • Ano de seca, ano de seda.
  • En agosto secan os montes; en setembro, as fontes.